VISÍTANOS A PROTECTORA DE ANIMAIS DE CAMBADOS
No CAPM de Cambados realizamos unha actividade conxunta coa protectora de animais do pobo https://refugiocambados.es/
Estas Terapias Asistidas con Animais teñen efectos moi positivos a nivel emocional para as persoas maiores: fortalecen a autoestima, melloran o estado de ánimo e aumentan a motivación pola tarefa. Os animais son un recurso terapéutico e convértense nun estímulo sensorial para as persoas do centro.
Este tipo de actividades facilitan a interacción entre as persoas usuarias e incluso chegan a rirse xuntos. Tamén promove a realización de actividades que implican movementos e desprazamentos podendo así fortalecer membros superiores e inferiores. As persoas maiores poden realizar actividades complexas que fortalecen a motricidade grosa e fina.
A actividade tivo unha moi boa acollida, a protectora trouxo unha cadela “Clau” e dous gatos; “Paolo” e “Estrella”. Realizaron a estimulación as persoas usuarias a través do contacto con ditos animais, animando a que os acaricien, peiteen, dean de comer etc. O contacto físico cos animais, axuda a reducir os niveis de estrés e mellora o estado de ánimo.
Así mesmo, os animais, tamén realizaron algunha técnica de habilidade (como por exemplo, saltos ou pasar entre os aros). A maioría das persoas usuarias amosáronse receptivas, e as persoas con máis deterioro cognitivo mantiveron unha comunicación afectiva cos animais. So coa súa presencia facilitan que se xeren novas dinámicas de atención.
A continuación ensinámosvos unhas fotografías!
1