“CONVIVENCIA COS NEN@S DO CAMPAMENTO ALDEA DE VERAN DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO”

CONVIVENCIA COS NEN@S DO CAMPAMENTO ALDEA DE VERAN DO CONCELLO DE SAN SADURNIÑO”

Atopámonos xa no derradeiro mes típico do verán. Con el rematan tamén os populares campamentos que os distintos concellos ofrecen aos cativos da contorna. Como cada ano, o Centro de Día de San Sadurniño acudiu a un novo encontro interxeracional cos nen@s de entre 3 a 9 anos da aldea de verán. Nesta ocasión, decidimos reunirnos no que está sendo o sitio preferido para as nosas saída habituais das inmediacións do centro, o paseo fluvial de San Sadurniño.

Logo duns xogos de presentación os nen@s propuxéronos participar no proxecto que está a realizar este ano sobre a elaboración dun xornal que será publicado como clausura do campamento. En concreto, aventuráronse a ser xornalistas e realizaron varias preguntas aos maiores (idade, profesión, xogos e enredos preferidos, etc.). Quizais as respostas que mais sorprenderon aos nen@ foron sobre os obradoiros que realizan no centro, posto que estaban especialmente interesados ao ver que comparten actividades e intereses como o da pintura e a ximnasia.

Para animar e fomentar un maior contacto entre eles realizamos un circuíto con obstáculos e un pase de globos entre as distintas xeracións. Este quizais foi o momento no que mais se aprecia a importancia e aporte emocional destes encontros para ambas partes. Estes intres de interacción activos, lúdicos, animados e cargados dun forte sentimento de pertenza fan cambiar a rutina e incluso o humor. A volta ao centro recordoulle as sensacións que experimentaban cando volvían das festas do pobo; alegría, comentarios sobre as ocorrencias dos nenos, vitalidade,… ESTABAN ENTUSIASMADOS E LEDOS!!!!!

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.