25 de xullo día de Santiago Apóstol dende o centro de día de Abadín

Aparte

25 de xullo día de Santiago Apóstol dende o centro de día de Abadín

Como xa sabedes, unha etapa do camiño norte a Santiago discurre pola vila de Abadín. Durante toda a etapa camíñase contemplando terras de cultivo e pastos con gando alternados con belas paisaxes de vexetación autóctona, predominando as formacións arboreas de carballos e bidueiros. Sen dúbida unha paisaxe única!

Para celebrar ambas festividades do 25 de xullo decidimos realizar un obradoiro no que deramos significado a esta data realizando unha cunca do Camiño de Santiago con pasta para modelar. Ás nosas persoas usuarias puideron levar este agasallo coa correspondente credendial do peregrino e tamén recibiron unha charla sobre como as orixes do día do Apóstol e o día de Galicia a través dunha presentación Power-Point.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Spot publicitario da localidade de ABADÍN

Aparte

Spot publicitario da localidade de ABADÍN

Pese á ola de calor tamén tivemos tempo de participar no concurso organizado polo CAPM de Baiona que consistía en elaborar un “spot publicitario” de cada localidade. En Abadín como podedes observar temos unha gran variedade de festividades e produtos típicos galegos. Agardamos que vos guste e estades máis que invitadxs a coñecer o noso fermoso pobo.

2
Se che gustou podes compartirlo en: