Charla de sensibilización da Asociación de Síndrome de Down de Lugo no centro de día de Abadín
O pasado xoves 20 de xullo tivemos o pracer de ter connosco a dous membros da asociación de síndrome de Down de Lugo, Saray e Fran. Ambos impartiron unha charla facendo hincapé na atención á diversidade, respeto e inclusión hacia este colectivo. Na primeira parte da charla incidiron nos mitos e realidades acerca das persoas con este síndrome para máis tarde escoitar a experiencia persoal de Fran.
A charla foi moi interesante e positiva xa que dende a asociación inciden e fomentan unha sociedade inclusiva donde cada persoa independentemente das características que teña ten cabida e pode aprender, ter a capacidade de poder decidir, ser independente e formarse e acceder ó mundo laboral.
Foi todo un éxito e grazas á asociación por vir e pola gran labor que realizan.
2