Ribadeo Indiano

Aparte

Ribadeo Indiano

Aproveitando a celebración do Ribadeo Indiano que tivo lugar a fin de semana do 8 ao 10 de xullo , no centro de día quixemos ser participes desta festa que rememora o pasado indiano da vila , polo que persoas usuarias e persoal saimos a rúa engalonados con roupa da época e decoramos o centro para a ocasión, enchendoo de elementos tradicionais traidos polos indianos. No faltaban detalles no noso atuendo abanos, colares artesanais feitos polas persoas usuarias nos obradoiros de manualidades.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Sesión concerto Praia do Val dende o centro de día de Mondariz

Aparte

Sesión concerto Praia do Val dende o centro de día de Mondariz

Unha das cousas que máis nos gustan no CAPM de Mondariz son a música e as saídas, por iso, e como xa vimos facendo cada ano, o 28 de xuño pasamos o día na praia fluvial do Val, situada na mesma vila. Aquí disfrutamos dunha xornada na contorna natural amenizada dun xeito moi especial: concerto de violín e como non podían faltar, uns aturuxos coas pandereteiras. Ata houbo quen se atreveu a botar uns bailes e tocar.

1
Se che gustou podes compartirlo en: