8 de marzo, Día da muller dende o centro de día de Ferrol Caranza

Aparte

8 de marzo, Día da muller dende o centro de día de Ferrol Caranza

Cada 8 de marzo, conmemórase o “Día Internacional da Muller”. Esta efeméride debe comprometernos coa construción dun futuro máis xusto e igualitario. Reivindicase polo tanto, un futuro sen estereotipos, sen desigualdades e sen violencia de xénero, en tódolos ámbitos da vida.

A forza do movemento do 8M en todo o mundo traspasa fronteiras, diferencias culturais, económicas, ideolóxicas e de calquera índole.

As mulleres unidas teñen o poder de mudar o mundo.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Obra teatral no centro de día de Dodro

Aparte

Obra teatral no centro de día de Dodro

Este Entroido 2022 usuarias e traballadoras representamos a obra teatral “Somos galegas na lúa”. En varios obradoiros, as persoas usuarias botaron a voar a súa imaxinación e respondéronse ás preguntas: ¿como é a lúa?, ¿que aspecto terá un extraterrestre?, ¿que acontecementos poderían xurdir se viaxásemos á lúa? A partir de aí, fixemos o deseño do vestiario, escenografía e escribimos o guión. Tras varios días de ensaios , o elenco de actrices representou a obra para o resto de compañeiras/os e traballadoras o Martes de Entroido, coa gran ausencia de familiares. A obra, con ton cómico, faille un chico a grandes fitos relacionados coa historia espacial e a personaxes e películas icónicas que teñen como temática o espazo ou a vida extraterrestre ( Alien, ET, Star Trek, A guerra das galaxias, etc.). Animamos á xente a participar na marabillosa vida teatreira que tantas alegrías e momentos inesquecibles nos dá.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Filloas de Pura no centro de Cerceda

Aparte

Filloas de Pura no centro de Cerceda

No CAPM de Cerceda chega o entroido a través do sentido do gusto. As sobremesas tradicionais desta época do ano son a especialidade de Pura, unha persoa usuaria que traballou como cociñeira e nos ensina con orgullo a súa receita de filloas.

Unha tarde diferente, poñendo en valor tradicións propias do entroido á vez que se promove a xenerosidade de preparar unhas cantas ducias de filloas con todas as persoas usuarias e profesionais de CAPM de Cerceda.

E … a relamberse do ricas que estaban!!!

1
Se che gustou podes compartirlo en: