Centro de día de Cambados gañador do premio das coroas de Nadal do centro de día de Dodro

O Centro de día de Dodro Dodro realizou unha proposta a tódolos centros da rede para que participaran nun concurso no que había que elaborar unha coroa de Nadal.

As persoas usuarias amosaron moito interese en participar e fixérono con moito esforzo, que se viu recompensado coa recepción do premio que o Centro de día de Dodro nos enviou.

Realizouse unha actividade onde as persoas usuarias tiñan que recordar en que actividade conseguiran este premio, e intentar adiviñar que podería ser o agasallo. Amosáronse emocionadas tras recibir esta recompensa e refiren que lles gustaría seguir participando neste tipo de concursos.

O agasallo pódese ver nas fotografías que a continuación expoñemos .

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.