O día da nai con Rosalia de Castro

Aparte

O día da nai con Rosalia de Castro

Miña nai, miña naiciña,
como a miña non hai ningunha,
que me quentaba a cariña
co calorciño da súa.
Miña nai, miña naiciña
como miña nai ningunha.
Lávame a miña camisa
dentro da manga da súa.

Vanesa, terapeuta ocupacional do Centro de día de ABADÍN, cantanos estes versos…

Tamén dende o centro de día de SAN SADURNIÑO, nunha data tan sinalada e especial querían formar parte das celebracións das nosas usuarias nais e achegarlles a través dun vídeo os nosos máis derradeiros agradecementos. Por todas elas, Feliz día da Nai!!

1
Se che gustou podes compartirlo en:

As mensaxes no centro de Ortigueira, medran con forma de árbore…

Aparte

As mensaxes no centro de Ortigueira, medran con forma de árbore…

Desde comezos do confinamento no CAPM de Ortigueira recibimos unha morea de mensaxes de apoio, animando tanto ás persoas maiores como a todo o persoal que traballamos no centro chegando de maneira virtual a través do noso blogue Coamarea, por correos electrónicos ou por whatsapp. Aproveitamos que temos un taboleiro de cortiza no comedor, zona que visitamos varias veces ao día, para colocar a nosa “árbore da vida” no centro e ir enchendo de follas de cores, según ían chegando as mensaxes de ánimo e recoñecemento polo traballo realizado.

Son circunstancias especiais nas que se agradece o ánimo recibido e o recoñecemento a tódolos equipos de persoal que traballamos nos centros de maiores.

0
Se che gustou podes compartirlo en: