Manter as Actividades Da Vida Diaria (ABVD) para Non Perder A Autonomía . Dende o Centro de día de CABANA DE BERGANTIÑOS nos ofrecen alternativas…
Un dos principais obxectivos que temos no Centro de Día é potenciar a autonomía das persoas, con isto queremos dicir que sexan o máis activas posibles nas tarefas que realizan día a día. Todos sabemos o refrán de que vale máis facer que mandar, pero neste caso imos ir ao contrario do refrán, vamos a deixar que a persoa faga todas aquelas actividades que poidan e animarémola a que realice as que lle costa, aínda que sexa preciso prestarlle axuda.
Canto máis activa estea unha persoa e maior número de tarefas realice por ela mesma, máis contenta e maior autoestima vai a ter, xa que a ninguén nos gusta depender dos demais, por iso é moi importante que ese momento chegue o máis tarde posible.
Algúns consellos que vos podemos dar e vos axudarán no día a día son:
✓ Intentar manter as rutinas, non excederse no tempo de estar na cama ou no sofá. Todos sabemos que cando non hai obrigas nos costa máis activarnos, pero é bo que evitemos pasar a meirande parte do día na cama ou no sofá. Para axudarvos enviamos as actividades.
✓ Outro aspecto importante é o aseo persoal e o feito de vestirse. Debemos cada mañán acicalarnos e vestirnos, xa que vernos ben fai que esteamos máis activos.
✓ Realizar ou axudar nas tarefas do fogar, tempo temos, así que non hai presas, podemos facer a cama, limpar o po, lavar os cacharros, axudar en todas aquelas actividades que poidamos xa que o tempo que nos sentimos útiles, estamos facendo a mellor xerontoximnasia que hai.
✓ Coidar a alimentación, xa que temos que pasar todo o día na casa imos a darnos mecos á hora de comer, a facer ou axudar para alimentarnos ben e variado, dentro das restricións de cada un. Podemos pelar patacas, bater ovos, lavar verdura, preparar una macedonia, facer un biscoito…. Neste aspecto tamén é importante manter horarios e rutinas: almorzar, xantar, merendar e cear. Entre comidas algo de actividade ven moi ben.
✓ Facilitar e promover os espazos de lecer, facer iso que tanto nos gustaba, e que nunca atopamos tempo para levalo a cabo. Pode ser botar unha partida as cartas coa familia, chamar as amizades coas que fai tempo que non falamos, ler un libro ou pequenos contos… Darnos o capricho de cousas que por mor de tempo quedan sen facer no día a día. Conversar coa xente que estamos.
0