Participación no programa “Madurescentes” dende o centro de día de Ferrol

O Concello de Ferrol,continúa coa programación Madurescentes: visitas guiadas pola cidade. Con estas actividades preténdese que as persoas maiores gocen no seu tempo de ocio.

O 28 de agosto de 2024, cinco persoas usuarias do centro de día de Ferrol-Caranza, acompañadas de tres traballadores acudiron a actividade: “ Comercios e comerciantes de onte e hoxe” no barrio da Madalena. O punto de encontro, foi a praza de Galicia de Ferrol, lugar onde se atopa o teatro Jofre, un dos edificios máis emblemáticos da cidade departamental, por este motivo a guia comenzou a actividade cunha breve explicación do Teatro Jofre, considerado unha das obras teatrais máis importantes do S. XIX. para continuar cun pequeno paseo polo barrio da Madalena e iniciar a visita aos comercios. Moitas participantes recordaron comercios como: “Rafael y Vicente”, “Churreira la Bola de Oro” e “A Pilarica” establecementos que actualmente permanecen pechados porque non tiveron relevo xeracional. Tamén visitaron outros que seguen funcionando na actualidade como ” Churreria Bonilla”, “Casa Amador”… comercios simbólicos da cidade.

As persoas usuarias, mostraron a súa satisfacción por participar nunha activade diferente na que afloraron moitos recordos e lembranzas da súa cidade.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.