Aproveitando que o verán está a piques de rematar, quixemos aproveitar para saír a dar unha volta á área recreativa da Roxica. Alí desfrutamos dun paseo ao carón do río e dunha serie de máquinas de exercicios. Tamén, os máis atrevidos, tiráronse dende a tirolina.
Finalmente, para repoñer a enerxía gastada, fixemos un pequeno pícnic cuns aperitivos.
Sen dúbida foi unha mañá diferente!
Durante este mes tamén tivemos a oportunidade de participar nunha charla organizada polo Concello de Abadín sobre tecnoloxía.
Alí, ademais de poñernos ao día con esta temática, puidemos desfrutar dun café e dun concerto moi divertido. Aquí vos deixamos algunhas imaxes de como foi esta saída ao Concello de Abadín!