San Xoán en Baleira

No Fogar Residencial e centro de día de Baleira quixemos celebrar o San Xoán e a entrada do verán por todo o alto.

Pasamos unha mañá entretida falando sobre os diferentes ritos, costumes e tradicións que xiran ó redor desta festividade. Tamén quixemos levar a cabo unha destas costumes tradicionais galegas, por iso preparamos un taller no que fixemos ramos con flores de San Xoán, para poder “enramar” o noso centro. Saímos a recoller as flores e puxémonos mans a obra.

E para rematar o día, desfrutamos dunha tarde lúdica no xardín, xogando un bingo especial e preparando unha merenda especial, churros con chocolate

5
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.