O 15 de Xuño celebrouse o Día Mundial da toma de conciencia do abuso e maltrato na vellez e dende o CD Culleredo quixemos colaborar na loita a través dun vídeo para concienciar da necesidade de modificar conductas en torno aos coidados e atención que reciben as persoas maiores na sociedade actual.
Para iso levamos a cabo unha actividade na que reaccionábamos a noticias acerca de maltrato na vellez. Algunhas reaccións das persoas usuarias foron:
“Alabado. Que cousiñas hai eh!”
“¿Para qué nos criaron?”
“Qué tantos traballos!”
“Estamos… perdidos, de verdade”
“Ahora a xente mata, e non sabe o que fai …”
“Non quero que tiren conmigo ás pindanbas”
“Cuando eres joven, trata a las personas bien, pues tú también serás mayor”
¿E TI QUÉ PENSAS?
Nós sumámonos a esta loita e reivindicamos o bo trato e fortalecemento de lazos entre xeracións como medio para prosperar e mellorar social e individualmente.
