Para conmemorar unha data tan importante, ao longo da semana fixemos diversas actividades.
O luns 20 contamos coa actuación musical da UNED Senior de Xermade, coa que iniciamos os festexos. Tras unha intensa sesión de música e baile, as persoas usuarias agasallaron aos músicos cuns “pai-pai” feitos por eles, esperamos que lles axuden a refrescarse cando por fin chegue o bo tempo.
O mércores 22 tivemos unha xornada interxeracional co alumnado de 2º de EP do colexio de Cospeito, que nos axudou a elaborar unhas decoracións moi fermosas para o aniversario do centro. Así mesmo, entre todos fixemos uns cadros coas nosas mans, que quedarán permanentemente decorando o centro, xa que quedaron xeniais.
Para rematar, o propio día do aniversario, xoves 23, como xa é tradición realizamos a “sesión vermú” e comida coas familias, na que fomos 76 persoas. Foi un éxito rotundo no que abundaron a festa, as risas, a música e moito baile, despois de ter comido realmente ben.
Así mesmo, como agasallo de aniversario o persoal fíxolle entrega a todas as persoas usuarias dunhas bolsas aromáticas que elaboramos nós mesmos.
Quedamos todos moi satisfeitos coa xornada e desexando poder repetilo o próximo ano.