Celebración do día das letras galegas no centro de día de Culleredo

Gran festexo para celebrar un acontecemento tan importante que loita pola defensa da nosa lingua!!!

Dende CD Culleredo non queremos que se esqueza a importancia de continuar loitando e pondo en valor a nosa lingua, e para iso quixemos estender a nosa actividade máis alá do centro. Contamos coa colaboración dun grupo de rapazas e rapaces do I.E.S Rego de Trabe a que participaron canda nós nunha iniciativa deseñada para representar o galego: “Sembrando galego”. Esta intervención interxeracional levouse a cabo por grupos nos que tanto persoas usuarias como alumnado intercambiaron coñecementos e ideas que lles permitiron crear palabras destacadas en galego como:

BICO; TOXO; ONTE; FERVENZA; LANDRA; LEDICIA; FOLERPA; CHARABISCA; XOANIÑA; BOLBORETA; APERTA; ORBALLO; FEITIZO; ANDURIÑA; PENEIRA….

Resultado desta sesión quedou o noso precioso mural.

Que vos parece? A nós parécenos que quedou espectacular!

Para completar este festexo visitáronnos o grupo de música tradicional galega “Amigos da gaita” que nos permitiu desfrutar dunha xornada de música e baile excepcional!

8
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.