Reminiscencias da escola no CAPM de Toén

Dende o centro de día de Toén valoramos como moi positivos os encontros e actividades interxeneracionais polo que durante o ano nos gusta xuntarnos cas nenas e nenos do CEIP Saco e Arce de Toén. Este ano dende a escola están a levar a cabo un proxecto de igualdade, polo que organizamos en conxunto unha actividade para tratar o tema da igualdade nas escolas.

O 14 de maio tivo lugar un encontro interxeneracional no CAPM de Toén, acudiron nenas e nenas dos cursos 4º, 5º e 6º de primaria. Durante o encontro o alumnado leunos unha lectura de Malala Yousafzai, activista pakistaní que gañou o premio Nobel da paz e un poema de Luisa Villalta, homenaxeada nas Letras Galegas de 2024. Tamén dende o centro, Flora a nosa usuaria escritora adicoulle un poema o alumnado sobre a escola e a educación.

Despois das lecturas compartimos un debate e reminiscencias sobre a educación e como eran as escolas nos tempos dos nosos maiores.

Para finalizar intercambiamos uns agasallos de marcapáxinas como recordo no encontro.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.