No Centro de Día de Sada vimos observando o aumento de casos de persoas diagnosticadas da enfermidade de Parkinson, polo que consideramos a idea de iniciar contacto coa Asociación Parkinson Galicia-Coruña, có ánimo de ampliar e informar de xeito máis profundo sobre a enfermidade, ademais aproveitar o enriquecemento da colaboración coas entidades da contorna.
Despois de reunirnos coa dirección da citada asociación, propúxose levar a cabo unha charla no centro de día sobre os aspectos da xestión emocional na enfermidade de Párkinson, dirixida tanto a familiares como persoas usuarias e tamén traballadoras.
O 15 de maio levouse a cabo a charla, na que se dialogou sobre a figura da persoa coidadora, das emocións…
Foi unha actividade moi enriquecedora, na que familiares implicáronse no diálogo e no intercambio de vivencias persoais.
Agradecemos ó neuropsicólogo da asociación, José Freire e á directora, Mila Oreiro, pola súa colaboración e disposición.