Gala do Luar no centro de día de Vigo-Coia

Para dar inicio o novo ano 2024 o centro de día de Coia levou a cabo unha gran festa. Os maiores e a equipa do centro de día organizaron a “Gala do Luar” coa presenza de máis de 30 familiares, imitando un programa presente nas casas galegas desde hai décadas e que a todas e todos nos trae grandes recordos. Houbo actuacións, moito humor… e tamén retransmitiuse un avance dos “informativos de Coia”, previamente gravado por profesionais e maiores do centro, os cales amosaron as súas dotes interpretativas.

Aquí tedes o video para que podades desfrutar o resumo da gala!

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.