Xornada musical no CAPM de Culleredo

Terapia de reminiscencia a través da música. ¿Coñeces todo o potencial que ten a música como ferramenta evocadora de recordos e sentimentos? 

No Centro de Día de Culleredo puxémolo en práctica desfrutando dunha xornada musical da man do grupo “Son de Monelos”.

Adaptaron o repertorio aos nosos gustos e peticións de forma que permitise evocar recordos arredor desas melodías.

¡A música é maxia!

Pode transportarnos a momentos do pasado e facernos conectar con sentimentos pasados ou que puidésemos ter esquecidos. A música ten a capacidade de influír no noso estado de ánimo, e por iso é unha das ferramentas máis útiles para utilizar en actividades que teñan como obxectivo exercitar a memoria e as reminiscencias.

¡Foron un encanto! Foi unha sesión moi dinámica, divertida e na que participaron moi activamente cantando e bailando.

Estamos moi agradecidas e encantadas.

¡Voltaremos a contar con eles!

6
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.