Visitamos o Belén electrónico de Begonte

O pasado 28 de decembro, inmersos nas datas navideñas, dende o Centro de Día de Begonte, realizouse unha visita ao Belén do concello de Begonte a cal durou aproximadamente 20 minutos e na cal as persoas usuarias puideron desfrutar do seu visionado. Logo disto, aproveitouse a saída para ir a tomar un café (denominado no centro Café Terapéutico) a un bar da contorna. Con esta saída, ao mesmo tempo que se conmemora unha data especial, as persoas tamén desconectan da súa rutina diaria, coñecen un punto de interese do concello e participan socialmente na comunidade.

29
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.