Cartas de nadal no centro de día de Cospeito

Para este 2023 no centro de día de Cospeito renovamos a nosa caixa de correo para as cartas de nadal, e elaboramos unha cheminea que esperamos lle guste a Papá Noel cando visite o centro.

Con esta caixa de correo, como cada ano, recibimos as cartas que nos achegan os máis pequenos cargadas de ilusión e esperanza, e seguidamente dende o centro encargámonos de facerllas chegar a Papá Noel e ás súas maxestades de oriente. Neste ano recibimos a visita do alumnado de 1º e 2º de EP do colexio de Cospeito, os cales nos visitaron para compartir unha mañá de contos e risas tras deixar as súas cartas.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.