CAMP CULLEREDO: A ÁRBORE DOS NOSOS RECORDOS: DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER

Para conmemorar o día Internacional do Alzheimer preparamos entre todos/as a nosa árbore dos recordos.

Nel participamos tanto as traballadoras, persoas usuarias e familiares, que se implicaron moito en xeral, tentando buscar a mellor fotografía que reflexara un recordo bonito do seu/súa familiar que lle permitira compartilo con todas nós. Desta forma, compartimos algúns dos nosos recordos e desfrutamos coñecendo algúns dos recordos do resto dos/as compañeiros/as.

A familia foi un factor fundamental para esta actividade, sobre todo no caso daquelas persoas usuarias que están máis delicadas cognitivamente, constituíndo a ponte precisa para coñecer e darlle forma a parte daqueles recordos, en algúns casos, esquecidos. Foi moi gratificante ver como moitas persoas usuarias colgaban os seus recordos e comparten con ilusión a súa historia cos compañeiros/as e co equipo de traballo cada vez que pasan por alí.

Pensamos que será unha bonita forma de conmemorar este día, tentando de ter presentes os recordos, traballar a reminiscencia e ter moi presentes a todas aquelas persoas que padecen esta enfermidade, permitindo un maior achegamento non só a eles/elas, senón ás súas historias de vida.

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.