Recuperando vellas tradicións prepandémicas, este ano celebramos o día das letras galegas 2023 coa comunidade educativa do CEIP Aquilino Iglesias Alvariño.
O martes 16 de Maio, desprazámonos ao colexio de Abadín para desfrutar dun festival no que houbo actividades variadas e variopintas e no que participamos todos. Así comenzaron os pequenos da escola cunha actuación musical, seguido dun teatrillo sobre a vida do autor Francisco Fernández del Riego. A continuación as persoas usuarias do centro fixeron un “pasapalabra” sobre curiosidades do noso concello e da cultura galega. Despedímonos dos nenos e profesores coa interpretación do himno galego, cantado por nenos e maiores e comprometéndonos a vernos antes de que finalice o curso en xuño.
Para rematar esta xornada festiva, fumos desfrutar dun aperitivo antes do xantar nun emblemática establecemento abadinense.
0