CAMP ABADIN: VI CONCURSO FESTIVAL DE CANS

Os nosos compañeiros do CAPM de Porriño, propuxéronnos participar, como é habitual desde hai uns anos, no VI Festival de Cans. No “Consello de Sabios” e entre todos decidimos que o noso can ía ser un can “picasiano”, coincidindo co cincuenta aniversario do falecemento deste recoñecido artista español.

Cal foi a nosa sorpresa, cando nos comunicaron que o noso “Cansso” foi o gañador do premio “SUPERCAPM 2023”, que otorga o xurado.

Desde Abadín queremos expresar o noso agradecemento por este galardón… VIVA O FESTIVAL DE CANS!!!!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.