O 28 do mes pasado, celebramos o día da Solidariedade Interxeracional cos alumnos e alumnas do colexio de Cuntis CPI Aurelio Marcelino Rey García. Levamos a cabo unha saída conxunta polo pobo de Cuntis buscando todas as barreiras arquitectónicas que dificultasen a mobilidade das persoas maiores ou con algún tipo de diversidade funcional.
Primeiramente, dividimos o pobo en tres zonas e cada zona foi asignada a un grupo de 2 persoas maiores e 4 rapaces/as.
Tras levar a cabo a pescuda das barreiras, reunímonos todos para poñer en común todo o atopado.
Para todas as persoas participantes foi unha mañá moi interesante e entretida.
Aquí vos deixamos unhas fotos!
