O xoves día 2 de marzo, no centro de día de Valadares celebrouse o IX aniversario do centro.
Este ano o aniversario achegou aos maiores algo especial e diferente onde eles mesmos foron máis que nunca os protagonistas, dándolle valor e importancia a cada persoa coa súa historia de vida. Para elo o centro convertiuse nun estudio de televisión simulando o coñecido programa SORPRESA SORPRESA”. Durante o mesmo leváronse a cabo visitas especiais de persoas relevantes para cada un deles, persoas que levan tempo sen ver ou que era difícil que se xuntasen, para outras, fíxose visionado de videos personalizados con dedicatorias e fotografías da súa vida aportados polos seus familiares, realizáronse chamadas e videochamadas internacionais a persoas de referencia deles do Brasil, Arxentina, Uruguay… Todo este cóctel de emocións para cada unha das persoas usuarias foi amenizado ademáis por unha actuación musical cun coñecido cantante de orquestras que nos deleitou con cancións representativas para eles. Outros tamén tiveron moitos agasallos personalizados que aportaron os familiares.
Foi unha xornada moi emotiva onde estiveron garantidas as sorpresas para cada asistente e na que houbo unha gran involucración das familias acudindo máis de 40 asistentes das mesmas. Foi unha cita na que tamén tiveron cabida todos os profesionais que algún día formaron parte do equipo de Valadares, sendo todos eles partícipes duns momentos emotivos e especiais para todos.
1