¡APRENDENDO XUNTOS!

O pasado venres 14 de abril no CAPM de Cerceda celebramos unha xuntanza interxeracional cos nenos da escola municipal. Tivemos a oportunidade de coñecernos e aprender uns dos outros mentras nos divertíamos e disfrutamos dunha xornada chea de ilusión, alegría e benestar na que tamén poidemos fomentar a comunicación e as relacións entre todos nós, rachar coas rutinas e fomentar actividades creativas, pasando así un día diferente.

COMO FIXEMOS ??

Iniciamos a actividade cunha dinámica de presentación chamada “ tea de araña” na que se ían pasando un novelo de lá e dicindo os nomes de cada un deles, continuamos coa lectura do libro “La máquina fantástica” a cargo dunha usuaria do centro e co apoio visual do libro móbil que foi presentando unha das profesionais do centro. Tras estas actividades os rapaces da escola tamén nos tiñan preparado un agasallo en forma de canción, sorprendéronnos interpretando varias cancións para os usuarios e dando pé a que os maiores se animaran a cantar tamén algunha canción popular. A continuación realizamos o “xogo do paracaídas” constituíndo o momento álxido da mañá no que tanto nenos coma maiores disfrutaron dándolle vida ao paracaídas e conseguindo que non caese ao chan en ningún momento. Acabamos esta xornada tan animada coa entrega de agasallos que realizaron os usuarios do CAPM para os rapaces.

REMATAMOS A MAÑÁ CON GANAS DE MÁIS E CO DESEXO DE REPETIR CANTO ANTES!!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.