A fin de semana do 14-16 de abril, o Concello de Ferrol celebrou o III Festival Ilustrado, con un extenso programa de actividades para todas as idades. Con esta celebración a cidade, retrocedeu ata o Século das Luces. O programa deste ano incluíu degustacións, visitas guiadas, pasarrúas, presentación de libros e o acto de nomeamento de ilustrados do ano. Este ano o centro de día de Ferrol-Caranza foi nomeado “ Ilustrado do ano”.

Para acudir ao festival tivemos un obradoiro de costura no centro de día, cunha duración de catro meses no que participaron as persoas usuarias que así o desexaron para a elaboración de diferentes prendas “ilustradas” capas, sombreiros, bolsos, luvas… co apoio de Beatriz Sieiro ( responsable do vestuario da serie “A Rapa”)


O luns 17 de abril realizouse unha saída no city-tren, tren turístico de Ferrol, ata a Praza de Amboaxe para ver o pasarrúas ilustrado dos escolares e participar no festival coas prendas elaboradas polas persoas usuarias. Ademáis na praza, as persoas usuarias que o desexaron tiveron unha sesión de peiteado e maquillaxe ilustrado a cargo dos alumnos do CIFP Ricardo Carvallo Calero.


