O Capm de Abadín, a maior parte dos usuarios e usuarias proceden dun entorno rural adicando a súa vida á agricultura e a gandería. Pareceunos que podía ser do seu interese coñecer a incubación da Galiña de Mos, un proxecto que sabíamos que se estaba a levar a cabo en centro educativos.
Decidimos poñernos en contacto coa a Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, AVIMÓS, que o día 9 de Marzo realizou no centro de maiores unha charla divulgativa sobre a conservación e promoción da raza e instalou unha incubadora artificial para ver crecer os poliños ao longo de todo o mes.
Acudiron a presenciar este momento os nenos do Colexio Aquilino Iglesias, aos que os maiores lles leron un conto coñecido para eles con música incluida “COCORICO”. Foi unha xornada moi positiva para todos na que compartimos un bizcoito para finalizar este reecontro tras moito tempo de restriccións.
A semana seguinte asignamos responsabilidades para o coidado dos ovos, o mantemento da temperatura e da humidade adecuada, e a retirada das cascas cando nacesen. Todos os días íamos visitamos ata que 21 días máis tarde asomaron os picos enchéndonos de ilusión.
Foron 7 os nacidos en Abadín pero non lles puxemos nome para non encariñarnos moito máis xa que o día 31 o presidente da Asociación e o veterinario viñeron buscalos. De novo os nenos do colexio presenciaron este momento tan emotivo. Puideron collelos na man e coñecer as diferencias entre un galo e unha galiña que nos acompañaron co seu canto mentras visionamos un vídeo explicativo.
Esta visita supuxo o reanudar os contactos presenciais coa contorna, unha actividade moi valorado para os pequenos e para os maiores. Para finalizar esta xornada, intercambiaron unha manualidade realizada en ambos centros (ovos de Pascua de colores e pitiños de lá)
1