14 Aniversario no CAPM de O Corgo

O pasado día 22 e 23 de marzo co gallo da celebración do 14ºAniversario do Centro de Día de O Corgo, realizamos varias actividades relacionadas con dito acto.

No taller de repostería da mañá os nosos usuarios realizaron unhas galletas para degustar todos no aperitivo que terá lugar á tarde.

Ás 15:00 horas tivemos a honra de ter entre nos a Eurovisiva Lucía Pérez, que nos deleitou coa súa música e a súa arte. No seu repertorio estiveron presentes cancións populares como “ A Carolina”, “Ven bailar Carmiña”, “ A rianxeira” a “ Rumboia”…etc, así como éxitos do su último disco “ La penúltima”, esta última ensaiada cos usuarios no taller de estimulación cognitiva, para poder cantar xunto con ela.

Lucía foi en todo momento moi achegada con todos os alí presentes e agasallou a cada un dos nosos usuarios co seu último disco.

Ao remate da actuación continuamos a festa desfrutando dun aperitivo, compartindo a tarde usuarios traballadores e familias.

Asemade ela recibiu por parte dos usuarios un ramo de frores feito no taller de Laborterapia, así como un agasallo por parte do concello que foi entregado polo Alcalde Felipe Labrada.

Continuando coa celebración do 14º Aniversario do Centro de día de O Corgo, o Xoves 23 de Marzo O Violinista Rodrigo Vázquez e a Pianista Beny Argüelles visitaronnos para compartir a súa música con tódolos presentes.

O repertorio estaba composto por bandas sonoras de películas como”Braveheart”, “Amelíe”, Pearl Harbor”…así como cancións populares como “Lela”

Para finalizar tamén desfrutamos dun delicioso aperitivo compartido por todos alí presentes.

Rodrigo e Beny foron agasallados por parte do Concello cunhas esculturas de de Cristal.

Tanto músicos como público quedaron encantados con ambas actuacións.

Sen dúbida estas serán unhas datas memorables na historia do noso centro.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.