CELEBRAMOS O 8M NO CAPM COSPEITO

Tendo en conta que o perfil maioritario de persoas usuarias dos nosos centros son mulleres nacidas e criadas en épocas de gran dificultade, conmemorar unha data tan significativa como é o día da muller é de vital importancia.

Así, na semana previa ao 8 de marzo no centro de día de Cospeito estivemos a traballar sobre o significado desta data, e como cremos que a loita influíu e segue a influír na mellora da nosa sociedade e repercute directamente no noso día a día.

As persoas usuarias gravaron mensaxes para as mulleres importantes das súas vidas, así como fixemos unha serie de fotos nas que recollemos as palabras que cremos nos representan da canción “Matriarcas” de Gaudi Galego.

2
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.