NADAL EN OURENSE

O Nadal chegou ao centro de día de Ourense e con motivo destas datas tan sinaladas no centro levamos a cabo unhas cantas actividades especiais nas que tanto as persoas do centro como os familiares, os nenos e nenas da escola infantil e os alumnos e alumnas dos colexios da contorna foron partícipes. O noso obxectivo foi desmitificar as barreiras da distancia interxeracional, fomentando a integración das persoas do centro na comunidade. Comenzamos propoñendo a realización dunha postal a través do noso “II Concurso de postais interxeracionais”. Este concurso brindou a oportunidade de de realizar unha actividade intencionada co obxectivo de traballar conxuntamente varias xeracións familiares ou de amizade.

Tivemos tamén a oportunidade de realizar centros do Nadal dentro do noso programa anual de talleres artísticos. No mes de decembro tivemos a sorte de gozar da técnica de artesanía floral impartido por unha compañeira florista, que despois compartimos de novo cas persoas de Morea coas que nos vemos todas as semanas. O día 23 de decembro comezamos festexando o Nadal xunto cos nenos/as da escola infantil. Tamén realizamos unha saída ó mercado de Nadal de Ourense, onde gozamos de diversos postos de comida, artesanais, de roupa…etc, e despois deunos tempo a tomar un chocolate ben quente nun dos bares máis céntricos de Ourense, no parque de San Lázaro.

Como unha saída non nos chegaba, outro día visitamos o Bispado de Ourense co fin de contemplar as marabillas de “os Beléns do Mundo” que hai expostos nas devanditas instalacións, para finalizar a saída tomámonos un café quente na Alameda.

E por suposto, tamén quedou tempo para os bailes por todo o alto con varios karaokes.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.