A música tradicional galega. A verbena do recordo. Actuación musical no CAPM Arteixo

Este venres, 20 de xaneiro, contamos cunha actuación estelar, desas que che enchen o corazón de emoción, os ollos de bagoas e un sorriso infinito cando che veñen tantos recordos a mente. Desa música tradicional galega que todos desfrutamos ben en casamentos, ben coa familia, ben coa parella, recordos da infancia ou mais recentes… pero por moito que queiramos describir con palabras o que todos vivimos o venres no noso centro soamente a través do vídeo poderedes vivenciar as mesmas emocións.

E todo isto se debe a actuación de Irma Macías – cantante de Luar na Lubre- que coa súa voz puxo en alza a todas as persoas do Centro de día e Residencial de Arteixo, acompañada ao piano por Luis que co seu son animounos a votar un baile, a cantar pero sobretodo a desfrutar e deixarnos levar unha vez mais pola tradición galega.

Considerámonos uns afortunados por poder contar cunha actuación así, porque a música enchenos de satisfación, ilusión e felicidade! nunca esqueceremos este 20 de xaneiro de 2023.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.