UN NADAL DIFERENTE

O nadal chegou ao centro de día de Ourense e con motivo destas datas tan sinaladas no centro levamos a cabo unhas cantas actividades especiais nas que tanto as persoas do centro como os familiares, os nenos e nenas da escola infantil e os alumnos e alumnas dos colexios da contorna foron partícipes.

O noso obxectivo foi desmitificar as barreiras da distancia interxeracional, fomentando o empoeiramento e a integración das persoas do centro na comunidade.

Comenzamos propoñendo a realización dunha postal navideña a través do noso “II Concurso de postais interxeracionais”. Este concurso brindou a oportunidade de

de realizar unha actividade intencionada co obxectivo de traballar conxuntamnete varias xeracións familiares ou de amizade.

Tivemos tamén a oportunidade de realizar centros do Nadal dentro do noso programa anual de talleres artísticos. No mes de decembro tivemos a sorte de gozar da técnica de artesanía floral impartido por unha compañeira florista, que despois compartimos de novo cas persoas de Morea coas que nos vemos todas as semanas.

Cunha condición claramente interxeracional, o día 23 de decembro dimos o pistoletazo de saída destas actividades, festexando o Nadal xunto cos nenos/as da escola infantil. Nas instalacións da escola disfrutamos todos ao son das paxoliñas.

Tamén compartimos cos nenos da escola infantil, realizando un circuito psicomotriz e mimándonos un pouco pintando as unllas, botando crema hidratante nas mans e dando masaxes.

Realizamos unha saída ó mercado navideño de Ourense, onde disfrutamos de diversos postos de comida, artesanais, de roupa…etc, e despois deunos tempo a tomar un chocolate ben quente, ou café quen quixera, nun dos bares máis céntricos de Ourense, no parque de San Lázaro.

Como unha saida non nos chegaba, outro día visitamos o Bispado de Ourense co fin de contemplar as marabillas de “os Beléns do Mundo” que hai expostos nas devanditas instalacións, para finalizar a saída tomámonos un cafeciño quente no bar da Alameda.

E por suposto, tamén quedou tempo para os guateques por todo o alto con varios karaokes e bailes e con coreografía no que todos nos divertimos.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.