Visibilización do día internacional da discapacidade celebrado neste mes cun convidado: o xornalista da radio galega de deportes, Tony López, que ten discapacidade visual. Primeiro expuxéronse nocións básicas sobre a temática en cuestión dismitificando certos prexuizos e recalcando as capacidades diferentes de cada persoa. Despois fíxose unha entrevista a Tony López incidindo nos logros obtidos e na capacidade de superación. Foi un debate aberto onde as persoas usuarias escoitaron as vivenzas do convidado no seu día a día, no seu traballo e permitindo unha retroalimentación aberta. O perro guía do convidado foi un estímulo moi motivador para as persoas usuarias.
Como remate final fíxoselle un agasallo artesanal a modo de agradecemento pola súa colaboración co centro.
13