Aniversario do centro de día de Mondariz

Cumprir un ano máis é sempre motivo de celebración. Por iso este ano decidimos facer unha viaxe

no tempo, onde se pretende rememorar o xeito de vivir en Galicia durante a metade do século pasado, momento no que as persoas usuarias do noso centro eran novas, algo moi representativo para elas.

Nesta homenaxe do XII Aniversario, ambientáronse os diferentes espazos do centro recreando estancias antigas que non faltan na memoria das nosas persoas usuarias: dar de comer ós animais na corte, na casa a preparación para a festa, escenas de taberna , a verbena coa comisión de festa, o fogueteiro, a puxa e os gaiteiros… a través de pequenas teatrealizacións poñendo en valor o xeito de vivir naquela época.

Dexámosvos un pequeno resumo desta xornada tan especial tanto para eles como para as súas familias que grazas á súa colaboración, co aporte obxectos persoais, fixeron posible esta actividade significativa para todos/as.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.