Samaín dende o centro de día de Mondariz

Como cada ano dende o CAPM de Mondariz non podíamos deixar de festexar o Samaín. Este ano foi dun xeito tradicional, recordando vellas costumes vencelladas ó medo. Para elo, contamos tamén coa visita dos alumnos/as do CEIP de Mondariz que puideron experimentar o “mesmo medo” a través de accións tan habituais para os maiores como eran, ir buscar leña, ir polos camiños sen luz, contar lendas ó carón da lareira… A actividade completouse cunha escenificación dun velorio tradicional por parte dos maiores do centro e o equipo, mostrando ós máis novos, con todo luxo de detalle, como era un dos momentos de maior significación para as familias. Os rapaces e rapazas do colexio, recolleron tamén durante varios días historias que lles contaron os seus avós e avoas que compartiron con todos nós.

Aquí presentamos o vídeo resumo desta xornada tan terrorífica!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.