O día 3 de Decembro celébrase o día internacional das persoas con discapacidade e para concienciar e dar visibilidade das barreiras cas que se poden atopar as persoas nesta situación no seu día a día, o día 2 deste mes pretendemos, xunto aos alumnos e alumnas de 5º de Primaria do colexio cuntiense Aurelio Marcelino Rey García, que se puxeran na súa pel a través dunha serie de circuítos con actividades da vida diaria e xogos que debían ser realizados con algún tipo de limitación a nivel físico, visual e/ou auditivo.
Os circuítos estiveron compostos polas seguintes actividades:
1º Descubrir películas por equipos empregando só a mímica para simular ás persoas con discapacidade auditiva.
2º Resolver crebacabezas cos ollos pechados.
3º Atar os cordóns cunha soa man simulando a unha persoa con hemiplexia.
4º Conseguir pasar unha serie de obstáculos en cadeiras de rodas.
5º Resolver a palabra ou o símbolo debuxado nas costas simulando ás persoas con discapacidade auditiva e visual.
Foi unha mañá moi entretida e ademais de conseguir pasar un momento de lecer, tamén se conseguiu que tanto as persoas usuarias coma os máis pequenos, foran máis conscientes das dificultades ás que se poden ter que enfrontar diariamente as persoas con discapacidade.
0