Celebran o San Xoan en Cerceda coa visita dos usuarios de Arteixo


O día de San Xoán é unha festa tradicional galega digna dunha celebración máxica. Por iso, tras moito tempo, convidamos aos noso veciños do Fogar de Arteixo para celebralo, xuntarnos, gozar, rirnos, bailaaar, conversar e beber tiiiiinto de verán!!
Como en toda visita que se preste, decoramos o centro con flores e adornos, así quedounos un centro ben bonitiño. Tras as presentacións, gozamos dun xantar especial propio desta data, como dí o refrán… “¡A sardiña molla o pan!”. Na sobremesa, cantamos, conversamos e achegámonos agarimosos agasallos. Para rematar ca celebración, que mellor maneira que inagurar a nosa Taberna “HABELAS HAILAS” e dar paso a nosa pandereteira
particular para poñerlle música e son!
Descorchamos o tinto de verán, a limonada, os refrescos e, como non, as patacas frixidas e as olivas. Seguindo a tradición, “para as meigas
afastar a cacharela debes saltar” non puido faltar o salto a cacharela e os bailes e cánticos populares!!
¡¡ No San Xoán, Arteixo ven celebrar !!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.