O centro de día Ferrol-Caranza, colabora co Concello de Ferrol no proxecto da área de Patrimonio Histórico ¿Contamos contigo? Para apoiar a candidatura de Ferrol a patrimonio nacional; O centro de día apoia a candidatura da Cidade de Ferrol: Porto da Ilustración a Patrimonio Mundial da UNESCO.
As 34 persoas usuarias que acuden actualmente ao centro de día, xa realizaron 300 barcos con papel biodegradable, motivo polo cal o venres pasado o alcalde Don Ángel Mato e a edil Dona Eva Martínez visitaron o centro para agradecer a implicación e sensibilización co proxecto e entregaron outras 200 follas de papel biodegradable para
continuar coa elaboración de máis barcos e así conseguir o obxectivo de botar ao mar 30.000 exemplares en outono.