Día mundial do medio ambiente 5 de Xuño de 2022 no Centro Interxeracional de Ourense

Día mundial do medio ambiente 5 de Xuño de 2022 no Centro Interxeracional de Ourense

Esta actividade dirixiuse ás persoas usuarias do Centro que voluntariamente quixeron participar na aventura interxeracional do Día mundial do medio ambiente 5 de Xuño de 2022
Dende o Centro Interxeracional de Ourense queremos realizar este tipo de eventos, con actividades como esta na que podemos gozar da compañía de compañeiros e compañeiras, na que tamén interactuamos cos nenos que alí se atopan, rompendo cos estereotipos relacionados coa idade e empodeirando as persoas maiores.
A saída realízase ó colexio Mariñamansa, que se atopa na contorna do Centro. Con anterioridade comunícase as persoas usuarias a realización desta actividade, participando aquelas persoas que así o desexen.
As actividades que realizamos son colaborativas e de intercambio de coñecementos.
Traballamos habilidades cognitivas, de motricidade fina e habilidades sociais e de comunicación. Ademáis, foméntanse valores de coidado do medio ambiente.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.