Obradoiro en Vilar de Santos: “Cultivando os sentidos da natureza no Maio”

Os Maios é unha festa antropolóxica, festa pagá coa que se celebra o fin do inverno e a chegada da primavera, prohibida nos primeiros anos do cristianismo. Festa con tradición ourensá.

A festa do maio consiste nunha construción tradicionalmente cónica a base dunha estrutura realiza en madeira, recuberta de arpilleira e de moitos materiais naturais.

A finalidade é traballar os sentidos con cheiros propios da natureza, como unha representación artística da primavera, típico da zona sur de Galicia e con tradición ourensá, na que as persoas maiores gozan recordando a nenez.

Neste caso, a base realizouna un familiar dunha usuaria do centro de día con tradición e afección na carpintería, que posteriormente foi recuberto polas persoas usuarias de centro de día e vivenda comunitaria con arpillera e adornado con materiais reciclados: musgo, flores, cáscaras de ovos, carrabouxos, laranxas, follas, herbas aromáticas….

Desta celebración tamén gozaron os nenos da escola infantil de Vilar de Santos facendo achegas de adornos reciclados.

A tradición especifica que as persoas que acompañan ao “Maio” cantan as súas coplas ao redor con ritmo e música antiga, satirizando costumes e sucesos que acontecen á poboación.

No centro de Maiores de Vilar de Santos quixemos recordar esta tradición tan arraigada e gozar da natureza representada nunha explosión de cores.

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.