As terras de Ares gozan dunha arraigada tradición musical, mostra delo son os diferentes grupos musicais que existen na zona. Co afán de integrar o Centro de día de Ares na rede cultural e social da comarca, o día 16-05-2022 organizamos unha tarde lúdica moi diferente con motivo do Día das Letras Galegas e convidamos a Rondalla “Trovadores de Ares”. Eles, desinteresadamente, deleitáronnos co seu repertorio elexindo para a ocasión varias cancións con letras en galego. Nós, pola nosa parte, sabiamos moitas desas cancións e tamén nos animamos a cantar con eles.
Adornamos o Centro para celebrar este día tan significativo para os galegos e para a nosa lingua e propuxemos as familias que colaboraran nas actividades do centro. Tampouco quixemos deixar pasar a ocasión de vestir ao noso maniquí co traxe típico galego e facernos unas graciosas fotografías.
0