Festexan o Día Das Letras Galegas no CAPM de Cospeito coa visita do alumnado do CPI Virxe do Monte

O venres 13 de maio o alumnado de 1º da ESO do colexio CPI Virxe do Monte acudiu ao centro de día de Cospeito para falarnos de Florencio Delgado Gurriarán, o autor homenaxeado este 2022 nas Letras Galegas.

Foi unha mañá moi amena, na cal nos explicaron a vida e obra do autor e nos recitaron varios dos seus poemas, para seguidamente realizar un coloquio coas persoas usuarias sobre a información exposta e relacionándoo coas súas experiencias vitais: Se tiveron que emigrar, como foi a súa vida durante o franquismo, a que se dedicaron… finalmente rematamos a xornada cun momento de esparcimento no que compartimos unha charla informal e uns doces para festexar xuntos.

Sempre é un pracer recibir as visitas dos máis novos, esperamos volver a telos axiña de visita!

0
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.