En Galicia esta fortemente arraigado o Entroido, de feito hai oito zonas que exhiben con orgullo a calificación oficial de “Festa de Interese Turístico”. Polo cal dende o centro de Redondela decidimos realizar caretas para decorar o espazo e así traballar a destreza manual e a estimulación cognitiva.
Aquí vos deixamos unha mostra do noso obradoiro de Entroido así como as instrucións para que vos animedes a facelas.
Precisamos:
- Globos
- Papel de periódico
- Pinturas de diversas cores (ao gusto)
- Elementos decorativos, tales como follas de fento (ou calquera herba que teñades á man e que vos guste), lá, plumas….
- Cola branca
- Rotulador negro
Elaboración:
Comezamos inflando globos dun tamaño un pouco mais grande que a cabeza dun adulto.
Logo cubriremos os globos cunha capa de papel de periódico con cola branca.
E convinte darlle un par de capas ata que queden duras e consistentes, entre capa e capa podemos aproveitar para secalas o sol, a nós cun par de horas foinos suficiente.
Agora queda o traballo máis divertido, decoralas, para elo buscamos algunhas caretas típicas do entroido de Galicia. Nós inspirámonos nos cigarróns e peliqueiros.
Cunha tesoira ou un cúter debemos recortar seguindo o debuxo, para a continuación como figura de calco/patrón empezaremos a pintala con pintura acrílica que cubre mellor o periódico.
Logo con cola branca pódese engadir algúns detalles (follas de fento, lá, plumas…) co deseño que máis vos guste na superior da pantalla.
Por ultimo, cun rotulador negro perfilaremos os detalles (como ollos, nariz, pestanas) e xa estaría lista.
Esperamos que pasedes un tempo tan agradable como o que pasamos nós!!!