Exposición de Entroido no CPI Virxe do Monte de Cospeito

Alá polo 2020, dende o Centro de Día de Cospeito decidimos elaborar disfraces do entroido típico galego e realizar unha exposición con eles para que todos puidesen desfrutar dela. Por desgracia, a exposición apenas viu a luz, pois uns días despois de inaugurala chegou a pandemia, e os disfraces quedaron esquecidos.

Agora que a normalidade comeza a asomar, decidimos recuperar a idea desta exposición, e en colaboración co colexio CPI Virxe do Monte de Cospeito, sacamos á luz estas auténticas obras de arte que enchen de orgullo a todos os que colaboramos na súa confección.

Esperamos que vos gusten!

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.