Colaboración do CAPM Tomiño no documental “Foron tempos” coa OMIX do concello

Dende a OMIX do concello de Tomiño e o seu servizo de voluntariado elaboraron o documental Foron tempos”, no cal participaron persoas maiores do concello de Tomiño, entre os cales, algúns son persoas usuarias do CAPM Tomiño, cos que se traballou a gravación no centro.

O documental recolle entrevistas realizadas á xente maior do municipio co obxectivo de salvagardar unha parte do noso patrimonio oral. Cóntannos as súas vivencias persoais de cando eran novos, como eran as cousas naqueles tempos como: a escola, o tempo da guerra, as festas, as rutinas diarias, o traballo, etc…

A mocidade voluntaria quere salientar a importancia de escoitar de xeito activo ás persoas maiores, das que temos moito que aprender.

Animádevos a miralo na súa páxina web:

https://www.facebook.com/omix.tomino/videos/1020551541827795/

3
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.