Celebración de Corpus Christi dende o Centro de día Fogar residencial de Baleira

O 4 de xuño celebramos a festividade do Corpus Christi. A actividade que escollemos foi a elaboración da tradicional alfombra floral.

Esta tradición, está moi arraigada na memoria das persoas residentes, procedentes cada unha delas de diferentes puntos do país.

Para a realización desta actividade programamos unha saída onde recollimos flores e prantas da contorna. Un membro da comunidade deseñou a plantilla da alfombra que foi aprobada polas persoas residentes e puxémonos mans a obra. Primeiro comezamos a clasificalas (fiuncho, xestas, pampullos,..), despois a defolialas e por último colocalas na plantilla.

Unha vez rematada, levouse a igrexa do concello como colaboración do centro á comunidade.

1
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.