“ A hortiña de Caranza”

Achégase o tempo de preparar a terra e sembrar para ir formando a nosa propia horta. Nun tempo marcado pola globalización e os produtos procesados, cada día dámoslle máis valor a poder comer da nosa propia colleita. Moitas das persoas usuarias do centro de día están máis que acostumados a facer estas labores, e algún admite votalo en falla con certo sabor a nostalxia. Polo que celebramos a asamblea cos usuarios onde propuxeron comezar este proxecto con moita ilusión.

Trátase dunha actividade que a verdade permitiunos sacar o mellor de cada un, axudándonos entre todos e colaborando con cada experiencia singular, e combinando cada xeito de facer, o resultado foi moi positivo.

Os usuarios non dubidaron en botar unha mán en cada proceso: preparala terra, escoller as prantas, facer os buratos, prantar, regar…

Esta actividade permítenos recuperar roles que foron significativos na vida de moitos usuarios, ademáis de poder establecer unha rutina diaria e unha responsabilidade de coidado, ó tempo que traballamos múltiples habilidades cognitivas, motoras e sociais. Dedicarémonos a coidar moito a nosa horta e poder ensinarvos os froitos do traballo feito.

4
Se che gustou podes compartirlo en:

Os comentarios están pechados.