O ano 2.020 trouxo consigo as mascarillas, a distancia de seguridade, o xel hidroalcohólico e o distanciamento social, o cal repercutiu de maneira directa en tódalas persoas que acoden aos centros de día do CGSIB a diario, pero tamén mellorou a nosa imaxinación e creatividade! Mostra diso son as mesas de escotadura que amosamos nos seguintes vídeos.
No CAPM Vilagarcía non queríamos que as novas normas nos impediran estar en contacto coas persoas coas que pasamos gran parte do día a día, polo que durante uns meses as persoas maiores do centro puxéronse “mans a obra” e convertéronse en grandes carpinteiros, o cal podedes ver no 1º vídeo. Resultou ser unha actividade moi significativa e útil xa que, na actualidade, estas mesas lles permiten garantir a distancia de seguridade pero estando igualmente preto dos compañeiros e compañeiras para determinadas actividades que realizan no día a día.
Por se outros profesionais se animan a elaborar estas mesas de escotadura con axuda das persoas usuarias dos centros, no 2º vídeo podedes ver un “tutorial” coas ferramentas e materiais necesarios así como os pasos a seguir.
2